Historia da casa

    Para a construcción do hotel rehabilitáronse 4 casas, todas elas relacionadas con historias e personaxes singulares que as habitaron.

    Nunha delas foi detido George Borrow, famoso escritor británico que percorreu España e Portugal durante cinco anos.

    En Madrid imprimiu a Biblia sen anotacións despois da súa etapa atea e posterior reconversión, o que lle custou varias detencións.

    Ó chegar a Fisterra foi detido por confundido con Carlos de Borbón, coñecido como “El pretendiente” ó reino de España, e despois posto en liberdade cando un tal Traba, que navegara ó servizo do Almirante Nelson como axudante de cociña, o identificara como inglés.

    Todas as súas vivencias durante os anos que pasou en España foron recollidas nun dos seus libros: A Biblia en España, no que relata todas as súas experiencias. É fantástico o seu relato da entrada en Fisterra. A súa obra é tan amena, viva e curiosa, que non deixa a ninguén indiferente.

    Este libro estivo moitos anos prohibido en España. A primeira tradución ó castelán é de Azaña en 1921. Volveuse prohibir e non se puido reeditar até os anos 70.

    hotel_historia

    A Casa Grande ou Casa do Banco Azul, foi sempre referente para a poboación de Fisterra e o banco que a rodea era lugar de reunión, debate político e espera de barcos; o seu nome vén dado pola cor azul dos bancos do goberno no Congreso dos deputados.

    Outra característica da casa é que foi o primeiro lugar en que se proxectou cinema mudo na época; este feito está recollido nun estudo que se fixo dos primeiros cinemas do norte de Galicia.

    Share