O Hotel

    O Hotel Temático do Banco Azul é un hotel moderno construido sobre uns edificios históricos da localidade de Fisterra, no corazón da Costa Da Morte.

    En marzo de 2015 rematou a rehabilitación dos edificios para construir un hotel con personalidade propia e todas as comodidades que ofrecen as novas tecnoloxías á súa clientela.

    A súa localización privilexiada na vila, ao pé do mar, entre o porto pesqueiro e a praia da Ribeira, e fronte ó Castelo de San Carlos, ofrece ós seus clientes a posibilidade de gozar dos lugares emblemáticos dos arredores e degustar a rica gastronomía da zona sen necesidade de utilizar medios de transporte.

    elhotel19

    É un hotel pequeno, de 7 cuartos, que proporcionan ó usuario un trato familiar eque o fará sentir como na propiacasa. Algúns dos cuartos son dúplex e dispoñen de capacidade para 4 persoas, algo que o fai único entre a oferta hoteleira da zona

    Todos os cuartos dispoñen de baño completo e están equipados con aire acondicionado, calefacción, secador de pelo, TV dixital e conexión a internet por WiFi. Un dos cuartos está especialmente equipado para persoas con diversidade funcional.
    O hotel está decorado dun xeito peculiar evocando o mar e cada cuarto ten unha personalidade propia e característica.

    As vistas son inmellorables tanto dende os cuartos coma dende as zonas comúns: o inmenso mar, o outro extremo da ría e o monte do Pindo.

    Sen dúbida a elección do hotel temático do banco azul é a mellor opción para pasar uns días de descanso. Non o defraudará.

    Share