A Zona
- Castelo de San Carlos: Fortificación defensiva mandada construir en época do rei Carlos III de España para defender a costa dos ataques dos barcos inimigos. En 1892 foi vendido polo Estado e adquirido en poxa pública por D. Plácido Castro Rivas, importante industrial da bisbarra e natural desta vila. Anos máis tarde,seu fillo, Plácido Castro del Río, doou, en 1948, á vila de Fisterra este inmoble para que nel se fixese un museo. Finalmente, a Confraría de Pescadores de Fisterra e a Consellería de Pesca habilitaron o local para convertelo no Museo da Pesca, que foi inaugurado no 2006. Neste museo móstrase a evolución da pesca a través dos temposnomeadamente asembarcacións e os aparellos, os costumes da xente mariñeira e os naufraxios que se produciron nesta costa.
- Igrexia de Nosa Señora das Areas: Igrexa de finais do s. XII (declarada Monumento Histórico-Artístico) a que sufriu modificacións e ampliacións durante varios séculos. De aí que nela se atopen os estilos románico, gótico e barroco que corresponden ás distintas intervencións arquitectónicas de que foi obxecto. Nesta igrexa está a imaxe do Santo Cristo de Fisterra: “O Cristo da Barba Dourada” ante o cal se axoellan desde tempo inmemorial milleiros de peregrinos que chegan a Fisterra para finalizar o Camiño de Santiago despois de ter visitado o sartego do apóstolo Santiago en Compostela. Queimar as roupas, bañarse no mar, coller a concha de vieira e voltar ao lugar de orixe como “home novo” despois da peregrinación, forma parte do ritual do peregrino. A celebración do Santo Cristo o Domingo de Resurreción foi declarada Festa de interese turístico.
- Faro de Fisterra: É o faro máis importante da Costa da Morte, pois coa súa luz guía os barcos na súa navegación por este perigoso mar e os orienta nos bravos temporais que nel se producen. A costa recortada e os baixos numerosos foron causa do afundimento de incontables embarcacións ó longo da historia O edificio actual que preside o lugar máis visitado de Galicia despois da Catedral de Santiago de Compostela, é de 1868.
- Monumento ó Emigrante: Recorda os milleiros de emigrantes de Fisterra e Galicia que se viron forzados a deixar a súa terra na procura dun futuro mellor. Dunha maneira especial está dedicado ós que emigraron a Arxentina e os países americanos, tanto a eles como ós seus descendentes. Este monumento, obra do escultor Agustín de la Herrán Matorras, foi realizado a iniciativa do alcalde José Fernando Carrillo Ugarte e inaugurado en 1993.
- Cemiterio da Fin da Tierra: É unha obra do arquitecto César Portela que está aínda sen rematar mais, mesmo así, xa recibiu numerosos premios de arquitectura.
- Lonxa Turística: É o mercado onde se subasta o peixe que chega do mar e que permite que os visitantes poidan presenciar como se realiza esta primeira venta, además de permitir coñecer as especies máis importantes que capturan os barcos de baixura deste porto. Estes peixes e mariscos pódense degustar despois nos numerosos restaurantes da vila que ofrecen ós turistas e visitantes a reputada oferta gastronómica fisterrana. Ademáis, no seu interior alberga unha exposición sobre a pesca.
- Praia de Langosteira: De case 3 km. de lonxitude, é a praia máis turística do municipio, e sen dúbida a máis visitada da Costa da Morte. Adoita recibir anualmente a bandeira azul, e conta con multitude de servizos, paseo marítimo, accesos para persoas con diversidade funcional, gran producción no seu fondo areoso (principalmente longueirón) e unhas vistas inigualables da vila de Fisterra e de toda a ría.
- Praia de Talón: Desde o miradoiro situado neste lugar, os peregrinos observan por primeira vez o cabo de Fisterra. É a vista máis famosa da vila, e unha praia marabillosa, de augas cristalinas e tranquilas.
- Praia de Corveiro: Situada ós, ós pés da Igrexa de Nosa Señora das Areas, é un paraíso natural, sobre todo para os amantes do mergullo.
- Praia da Ribeira: Está situada en pleno conxunto histórico, ó pé do porto e o Castelo de San Carlos. É unha praia de gran beleza, antigo porto natural da vila, e de cuxos beneficios se aproveita gran parte da poboación de Fisterra.
- Praia de Sardiñeiro: É a praia do lugar do mesmo nome, situado ó norte do municipio.
- Praia de Mar de Fóra: Unha das máis fermosas da Costa da Morte, de gran perigosidade e bravura, producíronse nela numerosas mortes ó longo dos séculos. Un paseo marítimo que respecta as súas dunas mellorou os accesos. As vistas do Cabo da Nave (punto máis occidental do continente europeo) e da mística Illa do Centolo a converten nun lugar de visita e goce obrigado.
- Praia de Arnela: Pequena cala onde no 1988 aconteceu o afundimento do Casón. É unha praia perigosa para o baño, pero de gran beleza e con accesos mellorados dende o ano 2002.
- Praia de Rostro: A máis grande do municipio, con 3 km. de lonxitude aproximada, non recomendable para o baño, mais ao tempo de gran beleza.
Costa da Morte
A Costa da Morte é realmente unha terra mítica, máxica, chea de historias, un dos confíns máis especiais da vella Europa, con unha personalidade única que cada día atrae a máis persoas.Un lugar no que os turistas deixan de selo, e se someten ó espectáculo da paisaxe como parte integrante dela, sentindo esta terra poderosa, singular, e acolledora.
Paisaxes espectaculares e fermosas, riqueza histórica, faros vixiantes do horizonte, gastronomia con carácter propio.
Ademais de ser o final do camiño de peregrinación cara ó occidente máis remoto do continente, é un encontro coa vida en estado puro, onde os elementos loitan pero tamén se complementan.
Cantís afiados, vales fértiles e verdes, aldeas milenarias, portos de mar encantadores… A Costa da Morte nos da a benvida pero tamén nos rouba algo, aquilo que nós voluntariamente estamos dispostos a dar.
Monumentos e visitas
Praias
Por ser o territorio municipal de Fisterra un cabo, está rodeado de mar e de excelentes praias, unhas de mar aberto e forte ondaxe (apropiadas para a práctica do surf) e outras, no interior da ría, de augas tranquilas e cristalinas.